O POBO CON MAIS ENCANTO DA ZONA NOROESTE DE ESPAÑA
sábado, 2 de julio de 2011
O SON DO SOR
banda o son do sor actual
grupo de cantareiras actual
Esta agrupación nace no ano 1990 en O Barqueiro, co galo de aprender e estender a rica cultura musical galega.
Nun comezo, iniciou a súa andadura coa Banda de Gaitas, á que se uniu dous anos máis tarde o corpo de Baile. Xa no ano 1997 comezou o grupo de Cantareiras a ser parte da nosa agrupación.
Os traxes utilizados, todos tradicionais, son típicos da zona da Mariña e foron feitos e bordados a man, tentando coidar o máis posible a semellanza dos traxes que levaban os nosos avós e bisavós.
Entre as súas actuacións máis importantes, cabe salientar o Festival Printemps des Sonners en Brest (Francia), a Feria de los Pueblos en Fuengirola (Málaga), Desfile de Bandas de Gaitas no Festival do Mundo Celta de Ortigueira, etc.
Nos comezos desta agrupacion que me trae moi bos recordos por certo, facianse as cabalgatas de reis belens vivintes e uns festivais que eran a envida de toda a volta , todo esto se foi perdendo co paso dos anos e eu penso e afirmo que non e a culpa desta asociacion que sigue en pe atrevome a decir que a mis lonxeva da historia do Barqueiro.Por eso vos digo amigos a seguir con forza e manter as tradicions do noso pobo vivas e sei que vos podedes por que a xuventude que ven e estes rapaces e rapazas que teño a sorte de coñecer e ser amigo de moitos deles,poden facer eso e moito mais por que teñen a iniciativa que lle fai falta o Barqueiro.
si queredes saber algo mais ou contactar con eles para alunha actuacion : http://www.osondosor.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario