miércoles, 7 de septiembre de 2011

ANTON INSUA "O MARCELO" TODA UNHA VIDA NO MAR


A súa vivenda, denominada
Casa da Marcela, situada na estrada
que descende cara ó porto, semella
unha atalaia para ver atracar os
pesqueiros, ou para avistar os cetáceos
que, neste últimos anos, a miúdo
recalan na ría do Barqueiro. Quizais
estes mamiferos marinos descoñecen
que, antano, nestas costas se practicaba
a pesca da balea. e por iso
entran confiados. A verdade é que
poden facelo. porque os veciños.
hoxe, só se preocupan de axudalos a
atopar de novo o mar aberto, que
para eles é avida.
Pero Juan Antonio lnsúa, "Marcelo", de día vive no porto. Desde
que está xubilado, observa, pasea,
toma o sol e conversa sempre nos
peiraos e na ribeira, tal vez porque, como os cetáceos, necesita o contacto co mar e co aire humido e salgado
para sobrevivir. Á tardiña, sobe para a casa, e alÍe onde nos recibe. É un home afable gran corazón nun  corpo grande e tranquilo, Conxunción de retranca e amabilidade. Varias veces falamos
con el, e sempre nos sorprende con nova información sobre a pesca artesanal e sobre a maneira de vivir
dun tempo que se foi.
A súa nai viñera do Vicedo. Quedara orfa desde moi nena, e os irmáns emigraran á Arxentina.
Foi acollida por unha muller solteira do Barqueiro, chamada Dolores "da Marcela" por terlle comprado casa a Marcelo Álvarez, o seu anterior dono. Dolores será a madriña de Juan Antonio, quen, co tempo,
herdará o alcume da  casa, esa mesma casa onde nacera o 14 de agosto de 1921.
Bernardo, o seu pai, mariñeiro de baixura, chegara desde Covas, Viveiro, e en 1923 emigra a
EE,UU, Seis anos despois regresa cun amigo, "trabuco", de apelido Real, pois idearan comprar conxuntamente
un barco de pesca de baixura. lnsua y real será o nome da lancha que arman con motor de gasolina,
marca Ascar, feito en Zumaya, de 16 Hp. e 29 pés de eslora.
Dous meses antes de cumprir os 14 anos, Marcelo embarca na lancha con seu pai. de de xuño de 1935 e ten que axudar na casa pois ten outros catro irmáns, Manolo, Bernardo, Carme e Dolores. Vai á pesca da lagosta, para a que levan de aparello 20 nasas grandes. A partir de setembro
cerra a veda da lagosta e, entón, pescan 'a liña va': utilizan liñas branquísimas e resistentes, feitas polas
palilleiras de Camariñas, que tanto serven para delicadas puntillas de encaixe, como para pillar badexos
de 10 kilos.
A estas liñas de fío branco chamábamoslle socalinas. Poñíamos unha liña longa con dous
anzois e dúas cintiñas, azul e encarnada, para pescar badexos. lsto era chinchear. Eran tan
duras que co peso do peixe mágoan as mans.
Se poñíamos ilñas curtas, feitas con pelo de cabalo, lanzando á costa con cana para pescar
robalizas, ch amábamoslle treitear.
Cando a veda da lagosta estaba cerrada, íamos tamén ó patexo ás praias, para vendelo como
esterco ós labregos
0 pai de Marcelo, Bernardo, tanto tempo na emigración, obtivera só o tÍtulo de motorista,
polo que contrata de patrón a Feliciano, un xove de
22 anos, cheo de vitalidade e idealismo, que confiaba
na república como medio de avanzar cara a
unha sociedade máis xusta.0 inicio da guerra civil
sorpréndeos a todos pescando lagosta nos
Farallóns de San Cibrán. Ó regresar ó porto do
Barqueiro estában esperándoos. Feliciano foi levado
a Ferrol e alí remataron cos seus soños, ideais
e coa súa vida.
A fin da guerra coincide cos anos de
abundancia de peixe, sobre todo do chicharrón. O pequeno motor da lancha deixa de funcionar, e
Bernardo coloca un vello motor dun coche, por un total de 100 pesos: 50 para o xitano "Húngaro" pola
compra, e 50 para o mecánico Crisanlo polo amañ0. Un motor resistente que morrerá coa lancha.
A nova embarcación que merca Bernardo por 12,000 pesetas nos anos corenta chámase Aquí esta el 4.Ten un motor de gasóleo e moita máis capacidade" Seguen á lagosta, pero agora con 200 nasas menores, francesas. Saen a pescar o luns, cargados de víveres, e regresan o sábado. Comparten caldeiradasde peixe cociñadas a bordo, acompañadas pola bota de viño e pan do día, de San Cibrao.
Comparten tamén lembranzas, contos e risas, ademais da sesta de dúas horas, como únicos momentos de ocio. Dormen igualmente a bordo e, se volven á casa algunha noite, van metendo as lagostas nun viveiro,feito con grandes cestas de madeira, situado nun lugar chamado Castro de Vilela. Alí esperan, vivas o momento da venda.
Ata o mesmo Barqueiro chegan os compradores os domingos pola mañá. Primeiro viña un home de Avilés nun balandro, a vela, que tiña incorporado un viveiro. Despois da guerra, viñan "os
Canexos" de Cedeira e tamén "o Petrañ0", dono da cetárea de Cariñ0.
Na lancha van cinco.A miúdo transportan chicharrón desde as tarrafas para revendelo nos portos de Cariñ0, Celeiro ou A Coruña. Por ese tempo, de cada viaxe separan 300 chicharróns, coa finalidade de salgalos na casa para consumo da familia. Marcelo coñececoma ninguén o proceso:
A tódolos chicharros sacábanoslles a tripa.
Logo preparábamolos de dúas maneiras. A
medade lañábanse ó medio: abríanse, botábaselle un pouco sal cunhos dentes de allo machucados e poñíanse estendidos sobre
unhas pallas a secar durante tres días.
Despois amarrábanse polo rabo un contra outro, espalda con espalda e colgábanse nos cordeles. A outra metade dos chicharros deixábanse enteiros, con sal na ventrisca, logo, lavábanse
e poñíanse estivadiños en paxes vellos ou en caixóns.
E alí quedaban ata que se pañían a desalar para comer.
As sardiñas tamén as salábamos, polo menos cincocentas. Chamábase trechalas.
Consistía en abrilas, quitarlles a pel e a espiña, salalas, secalas e gardalas nunha paxiña, unhas contra outras. Comíanse crudas, como se fosen anchoas, ou desaladas en auga e asadas.
Polo mes de marzo, cando había rapetas, viñan bocartes e parrochiñas: botábanolas en salmoeira de auga con sal durante dúas horas, e logo metíanse polos ollos nun bimbio. facendo
un arco, ou unha rosca, e colgábanse a secar. O día que cocíamos pan no forno da casa, nas brasiñas que sobraban, asábamolas, volta e volta, con coidado de que non ardera o bimbio.
Chamabamoslle maricas.
As lembranzas están indisolublemente unidas a olores e sabores da infancia, dos tempos pasados.
O porco criado na casa pouco daba, porque os xamóns eran para o día da patrona e os chourizos, para levar ó mar, Marcelo fala do olor daquel aceite denso, mercado a granel.0 cuartillo  ben medido era
o da lenda de Casal: pola parte de arriba do escudo da botella de coñac Tres Cepas, a cambio de tresmotas (30 céntimos).
 E Marcelo fala do sabor do pan.
Cocíase de cada otto días, os sábados. Había que ir por leña ó monte. Miña mai amasaba na artesa. usaba fariña da saqueta de 50 quilos de maínzo que leváramos ó muíño e na que botábanos
dúas cuncas das do caldo cheas de centeo, para facer a mestura. As veces, cando o maínzo escaseaba, mesturábamos tanén unha cunca ou dúas de fabolas, aquelas fabas grandes, peladas pola velliña, que era a miña madriña, e moídas.
A velliña collía así como dous puños de masa e facía 'torta dos anxos', que era unha torta da tixela, que comíamos fresca, quente, con chicharrós desalados e cocidos, e con aceite e vinagre
por riba. Moito sabía.
Marcelo, xa casado e con dúas fillas e un fillo, vai tentar sorte noutros mares e noutros barcos, vai enrolarse na mercante. Durante cinco anos navega en distintos barcos, sucesivamente como  segundo maquinista no Mina Merruxal e  como maquinista no Maravillas. Non é o seu, prefire a pesca.
Daquela época relátanos algunhas anécdotas.
Co Mina Merruxal embarrancamos nun baixo na ría de Corcubión. Era ó anoitecido no mes de decembro, sentín o golpe e xa me chegaba a uga á rodilla. Víñamos cargados de tablón de madeira seca, poidemos chegar hasta o porto. Alí tardamos sete días en descargar e amañar as cuadernas con cemenlo.
Nese nesmo barco, perdín dous cachos de dedos, desmontando o motor da máquina de vapor.
Regresa ó Barqueiro e á pesca. En 1967 merca unha lancha propia en Cariñ0, chamada TRES AMIGOS
para dedicala á lagosta. Ármaa cos novos aparellos que van substituíndo as nasas: os miños.
Os miños levan Tres paños e arrasan con todo. É un aparello moi fino no centro e, polas bandas, leva un esmallo de 70 centímetros de luz. Temos collido moitísima lagosta.
Nunha ocasión saímos a pescar o día da patrona, o I de setembro, que estaba prohibido. Viña
con nós o pintor ferrolán Ricardo Segura Torrela, amigo meu. Collemos cantidade de langostas e levámolas ó viveiro. Mandoume chamar o Axudante de Mariña de Viveiro e queríanos nandar presos a Lugo.
lntercederon por nós as monxas e o cura, Don Antonio, que estaba recén chegado. O Axudante mandara romper o viveiro para deixar ir as langostas. Logo, prohibiron os miños por un tempo.
Marcelo ri a gargalladas cando nos conta que non sabe nadar. Toda a vida no mar, peor sen
meterse dentro. Di que esas cousas se aprenden de pequeno, e a velliña miraba por el para que non fose chimparse desde a rampla cos outros pícaros. Ademais, había que andar coas vacas. Pero un bo remollón si que levou o día que caeu a auga. Teria pouco máis de doce anos e a nai mandárao comprar un quintal de sal ala a ponte, onde estaba descargandoo o San Estanislao, un barco de 300 Tm. que viña repartíndoo polos portos. Marcelo foi por el no chalano que daba servicio á lancha do pai. A súa tía encargoulle
outros dous quintais, e tamén un para a veciña. Cargou en total 200 quíaselle ó fondo. O rapaz agarrouse a unha varanda ata que rompeu e caeu ó mar, mentres o chalano Ía, O cabo enredouselle nos pés e tiráballe con forza
oeume unha muller que lle levaba a comida ó home, que cargaba madeira de piño noutro barco, o Minas Sorrieg o, atracado na ponte, porque, daquela, non había porto aquí. Berrou e sentiuna a miña tía, que, con outras mulleres facían a descarga do sal. Poideron collerme enganchándone polo cinto. Ningún rapaz tiña cinto, pero o meu trouxéramo meu pai da emrgración. Tardei dous días en recuperarme porque non sentía as pernas.
Pasamos a falar da guerra mundial e do naufraxio, en novembro de 1943, dun submariño alemán.
.
fronte a estas costas, bombardeado por un avión inglés, que a súa vez foi estoupado por un caza
alemán. Os pesqueiros do Barqueiro e Bares, axudaron
a recoller os náufragos vivos e mortos. El parlicipou no barco do seu pai foi, que foi recompensado
cun diploma.
Juan Antonio lnsua, "Marcelo", agora, está orgulloso do seu fillo, Juan Bernardo, que manda o
seu barco tres amigos  e, ademais de bo profesional, é o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de
O Barqueiro-Bares. Marcelo, de rostro expresivo, sempre sorrinte e disposto á conversa, apoia sobre a
mesa as mans grandes e rudas. Son mans afeitas Ó traballo, pero tamén á caricia e á amizade,.
E SACADO DO LIBRO "A PESCA E OS MARIÑEIROS" DE ESPERANZA PIÑEIRO E ANDRES GOMEZ UN LIBRO QUE FALA DA PESCA E A XENTE DA COMARCA DO ORTEGAL RECOMENDOVOLO TOTALMENTE. PUBLICO ESTO EN RECORDO DO MEU AVO O MARCELO QUE SEMPRE ESTARA PRESENTE NA MIÑA VIDA ALI ONDE QUEIRA QUE ESTEA .....BOTASE MOITO DE MENOS .




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Datos personales

Mi foto
O BARQUEIRO, A CORUÑA, Spain
POR QUE UN PUEBLO SE DEBE A SU HISTORIA Y A SUS GENTES