QUEN DE VOS NUNCA ESCOITOU ESTAS TIPICAS FRASES QUE S E DIN CANDO ALGUEN MORRE, XA PODES SER A PEOR PERSOA E MAIS RUIN DO MUNDO QUE ESE DIA TODOS DIRAN ......QUE BOIÑO ERA NUNCA SE METEU CON NAIDE .....AQUI VAI UNHA PEUQNA RECOMPILACION ( SI ALGUEN SABE DALGUNHA QUE MA FAGA CHEGAR )
-que juapiño vai
-ai meu santiño
-foise coma un paxariño
-e non ves parece que esta durmindo
-fixolle dios mil favores
-iba no seu tempo
-que nos espere alo moitos anos
-dioloteña na jloria
-non somos nada
-mira pa ahí ainda ontes se estaba rindo
-cando ven unha nunca ven sola
-vai cheo de sufrir o pobre
-¡era bon!....... a de levar un enterro cativeiro
-quen llo iba decir tanto aforrar pó final vai po furado coma todos
-leva boa caixa carallo
-aqui non habemos quedar naide
-hai que ir indo unhos antes outros despois
-tanto rabear pa ir pa lacena
-tanto traballou pa merda
-o peor e pa quen se vai
-anda que xa llo comeran os que quedan atrais
-alo vai o home
-pa que carallo quere tantas flores si nas vai ver
-tamen se cuidaba pouco
-ves non bebia nin fumaba e ahi o tes
- Ai se levanta a cabeza e ve a toda a tropa que lle vai fundir o capital
-tomou polo cu .....¡ anda que tamen era bon!....
-normal , bebia como un pelexo...
-era ben malo no van comer nin os vermes
-era un cristo janado cristo papado
-estaba visto antes ou despois tiña que ser
-morreu de repente ( unha das miñas preferidas , como carallo vas morrer lojo )
- cada un chora polos seus
- mira pa viuda cantas lagrimas vota, si lle fixera ben en vida carallo
No hay comentarios:
Publicar un comentario