martes, 6 de diciembre de 2011

A QUEIMADA


TRADICIÓN
Todo o ritual de preparación está dirixido a alonxar aos malos espíritos e ás meigas que, segundo a tradición, espreitan aos homes e ás mulleres para tentar maldecilos, ben por diversión, por vinganza, por algo que fixeran anteriormente, ect. Calquera ocasión é boa para facer unha Queimada: unha festa, reunións familiares ou de amigos. Trala cea, na escuridade da noite (un dos mellores momentos para realizala), os comensais reúnense arredor da Queimada, para animar os corazóns e estritar os lazos de amizade. Un deles estará encargado de de darlle o toque final mentres pronuncia o esconxuro levantando cunha culler sopeira, ou algo semellante, o líquido en chamas e deixándoo caer pouco a pouco no recipiente onde se atopa o resto da bebida; cun efecto que moita xente o atopa precioso.
INGREDIENTES
Os principais son a augardente e o azucre aos que xeralmente se lle engade pel de limón ou de laranxa e uns feixe de grans de café sen moer. A isto tamén se lle poden engadir uns anacos de mazá, uvas, e outros ingredientes que se lle engaden de forma independente segundo a tradición da zona.
PREPARACIÓN
Nun recipiente de barro cocido vértese a augardente e o azucre en proporción duns 120 gramos de azucre por litro de augardente. Engadímolos outros ingredientes e remexemos.
Nun recipiente a parte (polo xeral unha culler sopeira) unha pequena cantidade de Queimada, que se pode coller do recipiente principal sen limón e sen café (só a augardente a o azucre disolto). Móllanse os bordes da culler coa bebida e se lle prende lume. Cando estea ardendo métese a culler no recipiente ata que o lume toque a bebida e se espera a que arda toda a superficie; despois vacíase a culler no recipiente grande.
Logo poñemos azucre na culler e o situamos enriba da Queimada ata que se derreta. Vértese este azucre derretido sobre as chamas a se remexe.
Reméxese todo ata que consumido o alcol a Queimada se apague pos si so, ou só queden os bordes ardendo, que non se apagarán.
Cando comece a se apagar mais cando a augardente aínda arde, recítase o esconxuro.
Finalmente, cando se apague por si soa case por completoe serve a Queimada quente e se engaden os grans de café, a pel de limón, os anacos de mazá e laranxa e se bebe. En ocasións, hai que soprar para apagar algunha das chamas que chegan ao vaso para non queimarse.


ESCONXURO DA QUEIMADA
MOUCHOS, CORUXAS,
SAPOS E BRUXAS
DEMOS, TRASNOS E DIAÑOS
ESPRITOS DAS NEVOADAS VEIGAS
CORVOS, PÍNTIGAS E MEIGAS
FEITIZOS DAS MENCIÑEIRAS

PODRES CAÑOTAS FURADAS,
FOGAR DOS VERMES E ALIMAÑAS
LUME DAS SANTAS COMPAÑAS,
MAL DE OLLO
NEGROS MEIGALLOS,
CHEIRO DOS MORTOS
TRONOS E RAIOS

OUBEO DE CAN,
PREGÓN DA MORTE
FUCIÑO DE SÁTIRO E PÉ DO COELLO
PECADORA LINGUA DA MALA MULLER CASADA CUN HOME VELLO

AVERNO DE SATÁN E BELCEBÚ
LUME DOS CADÁVERES ARDENTES
CORPOS MUTILADOS DOS INDECENTES
PEIDOS DOS INFERNAIS CÚS

MUXIDO DA MAR EMBRABECIDA
BARRIGA INÚTIL DE MULLER SOLTEIRA
FALAR DOS GATOS QUE ANDAN Á XANEIRA
GUEDELLA PORCA DA CABRA MAL PARIDA

CON ESTE FOL LEVANTAREI
AS CHAMAS DESTE LUME,
LUME QUE ASEMELLA AO DO INFERNO
E FUXIRÁN AS BRUXAS A CABALO DAS SÚAS ESCOBAS
ÍNDOSE A BAÑAR NA PRAIA DAS AREAS GORDAS

OÍDE,
OÍDE OS MUXIDOS DAQUELAS QUE NON PODEN DEIXAR DE QUEIMARSE NA AGUARDENTE
QUEDANDO ASÍ PURIFICADAS

E CANDO ESTE BREBAXE BAIXE POLAS NOSAS GORXAS
QUEDAREMOS LIBRES DOS MALES DA NOSA ALMA E DE TODO EMBRUXAMENTO

FORZAS DO AR,
TERRA, MAR E LUME
A VÓS FAGO ESTA CHAMADA
SE É VERDADE QUE TENDES MÁIS PODER CA HUMANA XENTE,
AQUÍ E AGORA
FACEDE QUE OS ESPRITOS DOS AMIGOS QUE ESTÁN FÓRA
PARTICIPEN CON NÓS DESTA QUEIMADA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Datos personales

Mi foto
O BARQUEIRO, A CORUÑA, Spain
POR QUE UN PUEBLO SE DEBE A SU HISTORIA Y A SUS GENTES