Mostrando entradas con la etiqueta cantigas tradicionais do barqueiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cantigas tradicionais do barqueiro. Mostrar todas las entradas

sábado, 7 de enero de 2012

SALVE MARINERA POR ESCOLMA DE MEUS

SALVE MARINERA CANTADA POR ESCOLMA DE MEUS DE VIVEIRO, ANTIGOS COMPOÑENTES DA ORQUESTA VARIEDADES QUE CANTABAN A MISA SEMPRE POLA FESTA DO CARME NO BARQUEIRO

CANTAREIRAS O SON DO SOR- PASODOBLE DE CONSTENLA

AS CANTAREIRAS DE O SON DO SOR INTERPRETANDO O PASODOBLE DE COSTENLA

jueves, 5 de enero de 2012

CANTOS DE REIS E AGUINALDO

                
PRIMEIRA CABALGATA DE REIS CON MANOLO CORA , AGUSTIN DE REGINA E JUAN DO MARCELO



CANTAREIRAS DE O SON DO SOR CANTANDO OS REISES
  
------------------------------------------------------------

Cantámosche os Reices
perniñas de cabra,
cantámosche os Reices
non nos deches nada.

Déanos, señora,
aunque sea pouco
un touciño enteiro
e o anaco doutro.

Moito anos viva
la dueña de casa
que en dar aghinaldo
nunca foi escasa.

Muchos años viva
el dueño también
todo el mundo dice
que es hombre de bien.

Ay devina estrella
ay devina luz-e
vamos a la casa
del Niño Jesús-e.

El Niño Jesús-e
más claro que on sol-e
lo parió su madre
sin tener dolor-e

----------------------------------------------------------------------
Aquí vienen los tres Reises,
dispuestos para cantar-e
por ser el Rey de los Reises
lo venimos a adorar-e.

Aquí hai mociñas
que gastan chaqueta
que nos han de dar
a media peseta.

Aquí hai mociñas
que gastan salero,
que nos han traer
o viño no xerro.

Déannos, señores,
déannos a nós,
polo nacemento
do Neno de Dios.

Déanos señore
anque sea pouco,
touciño e medio
e a metá de outro.

-------------------------------------------------------------------------

Os tres camelos dos reis
ó chegaren a Galicia,
como non viron deserto,
morrían os tres de risa.
E, ó veren tanta auga
nos regatos e nas rías,
_¡Que catarro imos coller
como veña unha chovisca!
Melchor taca unha gaita,
Baltasar un tamboril,
o Gaspar, que non é músico,
alumea cun candil.

------------------------------------------------------------------------------------
Cantámoslle os reixes guedellos de cabra
cantámoslle os reixes e non nos deu nada.
Cantámoslle os reixes do qui-qui-ri-quí
se non nos da nada , mexámoslle eiquí.

  





 Día de Reis, día de Reis,
primeira festa do ano,
entre damas e doncelas,
imos pedi-lo aguinaldo.

Si nos queren da-lo aguinaldo,
non nos fagan agardar,
somos de lonxanas terras,
e temos moito que andar.

E ese señor Emilio,
posto nunha vidrilleira,
parece unha rosa fina,
cando sae da roseira.

E ese señor Xosé Luis,
moito lle pinta a chaqueta,
meta a mao no seu bolsillo,
e tíreme unha peseta.

¿De quen son eses botines,
que están debaixo da cama?
Son da señorita Olga,
que ten cara de madama.

A ese señor Tomás,
moito lle pinta o sombreiro,
meta a mao no seu bolsillo,
denos un pouco de diñeiro.

Aquí vén a vella,
co aguinaldo,
parecelle moito,
e vaille quitando.

Cántolle os Reis
guedellos de cabra,
cántolle os Reis,
e non nos dá nada.

Estas portas son de ferro,
aquí vive un caballero.
Estas portas son de estopa,
aquí vive un lapasopas.



jueves, 3 de noviembre de 2011

CANTIGA POR MONTSE ARAUJO

ESTA CANTIGA PUBLICA MONTSE ARAUJO NA PAXINA DO FACEBOOK QUE CREEI BARQUEILINGUA SOBRE PALABRAS DITOS E HISTORIAS QUE SE DIN NO BARQUEIRO UNHA ESPECIA DE BARQUEIPEDIA.
Pasei pola túa porta, Mirei polo cerrollo. A mala de túa nai, Meteume un pau polo ollo. Todo o mundo me pregunta De que romaría veño, Pásame a man pola cara Mira que sudado veño. Cando un mozo canta ben Gosta moito ás rapaciñas Cando un GAlo canta ben Tamén lle gusta ás galiñas. De traballo non falemos Cada quen o que poider Por que todo o que se casa Ten que manter á muller.

jueves, 8 de septiembre de 2011

POR QUE SON DO BARQUEIRO

PORQUE SON DO BARQUEIRO
Non te cases cun ferreiro que é moi malo de lavar, BIS
cásate cun mariñeiro que vén lavado do mar,
que vén lavado do mar, ailelelo, ailalalo.
Porque son do Barqueiro son Barqueiran
e o fungueiro do carro lévoo na man,
levo na man morena, levo na man,
porque son do barqueiro son barqueiran
Co aro dunha peneira miña nai deume unha tunda,
co aro dunha peneira miña nai teña vergonza,
que vén a xente da feira, que vén a xente da feira
ailalelo, ailalalo.
Porque son do barqueiro son barqueiran...

CANTIGA POPULAR MODIFICADA DE POR QUE SON DA MARIÑA

O BARQUEIRO

CANCION SOBRE O BARQUEIRO COMPOSTA POLO GRUPO LOCAL DE ROCK "PUNTANORTE".




VIVO NA TERRA MOLLADA
O NORTE DO MEU PAIS
ENTRE A RIA E A MONTAÑA
ENTRE O VERDE E MAILO GRIS

TEÑO UN SEGREDO COA LUA
NON ME DIGAS COMO VIN
ESBARANDO A FALADOIRA
PARA O FIN CHEGAR EIQUI

XA SEI DO VENTO QUE BROA
E DOS BARCOS SEN SAIR
SEI DA NEBOA QUE ME MOLLA
SEI DE OUTONOS SEN DURMIR

DENDE O PORTO ATA O MESON
DE MOGOR ATA SAN FIZ

SEI BARQUEIRO QUE ME QUERES
E QUE EU CHE QUERO A TI .

ESTE E O ENLACE PARA ESCOITALA CANCION UN VIDEO CON IMAXES DO BARQUEIRO             http://www.youtube.com/watch?v=iShOSnUpwTQ

miércoles, 7 de septiembre de 2011

QUE PASOU NO MUIÑO

ESTA PASOUMA SANDRA REAL A FILLA DE MANEL PERO PARECE SER QUE ESTA INCOMPLETA SE ALGUEN A SABE QUE MO DIGA


"eu non sei o que pasou no muiño,eu non sei o que puido pasar,dende enton Maruxiña esta triste,dende enton non fai mais que chorar".

martes, 6 de septiembre de 2011

UN INGLES VINO A GALICIA

ESTA CANCIÓN FOI COMPOSTA POR UN GRAN AMIGO O QUE EU ADMIRO MOITISIMO POR QUE NA MIÑA OPINIÓN FOI O MEIRANDE SHOWMAN QUE DEU E DARA O BARQUEIRO EN MOITO TEMPO. A SUA ENERXIA , A SUA ALEGRIA E O SEU BON HUMOR FAI DE JESUS MANUEL REAL , MANEL COMO O COÑECEMOS TODOS , UNHA PERSOA QUERIDA E ENTRAÑABLE , COMO DI EL O MEU NOME ARTISTICO E "JESMAN",
TENNOS CONTADO EN SANTA ROSA QUE ESTA CANCION A COMPUXO ESTANDO EN FRANCIA E BOTANDO DE MENOS O SEU QUERIDO BARQUEIRO, POLO CAL SEMPRE FIXO MOITISIMAS COUSAS, CANDO EU ERA NENO ORGANIZABA TODALAS FESTAS DO CARME E SINCERAMENTE NON RECORDO FESTAS NO BARQUEIRO COMO AQUELAS, ORGANIZABA COROS E CANTIGAS NAS TABERNAS EN FIN... QUE MAIS VOS VOU CONTAR EU DE MANEL QUE NON SAIBADES..... QUE NACEU PARA SER ARTISTA E NAMAIS...

UN INGLES VINO A GALICIA
POR VER LA RIA Y EL MAR
PERO AL VER LAS GALLEGUIÑAS
YA NO SE QUISO MARCHAR

( BIS )

AY AY AY UN CALDIÑO PA COMER
AY AY AY E BON VIÑO PA BEBER
AY AY AY RAPACIÑAS ZALAMERAS
AY AY AY QUE NON QUEREN A CALQUERA

MIÑA NAI  E DE GALICIA
A MIÑA MULLER TAMEN
EU TAMEN SON GALEGUIÑO
E MIÑA SOGRA TAMEN

MIÑA NAI E DE GALICIA
A MIÑA MULLER TAMEN
EU TAMEN SON GALEGUIÑO
QUE ENVIDIA POIDO TENER

AY AY AY GALICIA QUE BELLA ERES
AY AY AY A TERRA DOS MEUS QUERERES
AY AY AY NON TE CAMBIO GALICIÑA
AY AY AY POR NINGUNHA DAS TERRIÑAS

SOLTEIRIÑO NON TE CASES
NON DEIXE LA BOA VIDA
QUE DESPOIS DE ESTAR CASADO
ACABOUSE A ROMERIA

SOLTEIRIÑO NON TE CASES
NON DEIXE LA BOA VIDA
QUE DESPOIS DE ESTAR CASADO
MANDA A SOGRA E MANDA A FILLA

AY AY AY QUE BONITO E ESTAR SOLTEIRO
AY AY AY PARA ANDAR DE ROMERIA
AY AY AY MOCEANDO AQUI E ALA
AY AY AY ESO SI QUE E BOA VIDA

http://www.youtube.com/watch?v=LIqVv1fFwOM

ESTE E O ENLACE PARA ESCOITALO EN DIRECTO NO ANO 2010 NA PRAIA DE SANTA ROSA ..

VIVA O PORTO DO BARQUEIRO

ESTA TEÑOA  ESCOITADO NA FORXA DAQUELA QUE SE CANTABA E SE TROULEABA CADA UN CUN INSTRUMENTO OU PETANDO NA MESA, DESGRACIADAMENTE ESO TAMEN SE VAI PERDENDO , OS CANTOS DE TABERNA .

VIVA O PORTO DO BARQUEIRO
VIVA O CAMPO DO MESÓN
O DIQUE DA PONTE VELLA
ESTEIRO E O MONTEIRÓN

VIVA O PORTO DO BARQUEIRO OLÉ Y OLÉ

ME GUSTA EL VINO Y LA COÑAC PERO LAS SUECAS DE TORREMOLINOS
ÑACA ÑACA ÑAAAAAAAA.

SI O RIO DE ESTEIRO LEVARA COÑAC

ESTA E UNHA CANTIGA POPILAR QUE SE CANTA NAS TROULAS E TABERNAS DO BARQUEIRO .

SI RIO DE ESTEIRO LEVARA COÑAC
TODOLOS BORACHOS IRIAN PRA ALA
IRIAN PRA ALA, IRIAN PRA ALA
SI O RIO DE ESTEIRO LEVARA COÑAC

A CABRA ETICA

ESTE E UN TRABALINGUAS QUE ME FIXO CHEGAR ESTHER ARAUJO, RECOLLEOS DE SUA NAI MARUXA A MULLER DE ELISEO DE TOMAS.

era unha cabra etica peletica pelalambretica peluda pelapelambruda
que tiña os seus fillos eticos peleticos pelapelambreticos peludos pelapelambrudos
se a cabra non fora etica peletica pelapelambretica,peluda pelapelambruda
non teria os seus fillos eticos peleticos pelapelambreticos,peludos pelapelambrudos

ANTIGO DITO DO BARQUEIRO

FIXOMO CHEGAR SUSANA DIAZ LAGARES DE MOGOR

Acabouse aquí o fiar
porque axudoulle a morrer ó mal pagar,
se dou perdo a ganancia de hoxe;
se fio, aventuro o que é meu;
se presto, o pagar queda mal xesto
e para librarme disto:
nin dou, nin fio nin presto.

CANTIGA DE ESPADELADA

ESTA CANTIGA FIXOA CAER NAS MIÑAS MANS SUSANA DIAZ DE MOGOR

Cantiga de espadelada:
Eran tres comadres, dun barrio todas as tres
fixeron a merendada para ir a S. Andrés.
Unha puxo 30 ovos, para cada unha dez;
outra fixo unha empanada, contres codas ó través
outra dixo vou ó viño, comadre canto ei traer?
traerás canade e media, para volver outra vez.
Estando nestas palabras chega o marido de Inés:
pan a unha, pan a outra, ía o demo nas tres

as anduriñas

Esta cantiga fixoma chegar Susana Diaz Lagares de Mogor e fala da emigración

As lixeiras anduriñas
pra Galicia vindo van,
veñen ledas traer os niños
dos amores doutro vran.
Deixan lonxe noutras praias
os recordos dun amor.
Aquí atopan amor novo
doces brisas, craro sol.
Quen puidera te ás
quen elas teñen pra voar
Se así fora, non sentira
tanta pena por marchar.
Deixo a terra, deixo a vida
cos recordos da niñez.
Deixo a patria cos amores
sin esperanzas de volver.
Máis Galicia sin un mal fado
separarme fai de ti.
Levo o corpo, porque a alma
toda enteira deixo aquí.
Adiós casas, sotos, ríos
beigas de ouro, craro sol.
Adiós berce dos amores
pra sempre, voume adiós.

CANTIGA DE XAN GUINDAN

CHEGOU AS MIÑAS MANS UNHA FERMOSA CANTIGA POPULAR QUE OIA POLO BARQUEIRO ANOS ATRAS E QUE FIXO POPULAR  O GRUPO DE ROCK PUNTA NORTE QUE SE CHAMA "OS AMORES DE XAN GUINDAN" A SUA VERSION COMPLETA FIXOA CHEGAR AS MIÑAS MANS ESTHER ARAUJO FILLA DE MARUXA E ELISEO DE TOMAS A CAL LLE QUEDRO DAR AS MIÑAS MAIS SINCERAS GRACIAS POR QUE ME ESTA AXUDANDO UN MONTON A LEVAR ESTE BLOG CARA ADIANTE COAS SUAS COLABORACIONS .

Xangindan queria casarse
non tiña a muller buscada
foille facer o amor a filla da tia xoana
Boas noites tia xoana
onde lle vai a rapaza
vai buscar o gas pra noite
a bufella xa me tarda
O pouco entrou a rapaza polas portas para dentro
Boas noites Xangindan traigote no pensamento e tu diralo de risa
pro eu digocho de veras
que xa che ai un bon cacho
que estou quentando as canelas.
Eu queriame casar
e riqueza non che teño
teño unha cabra moi boa
que trouxo 4 cabritos
mentra e mentres que dous maman
outros dous andan a brincos
e unha galiña que pon
os ovos pa tortillada.O dia do casamento
era de inverno e chovia
e Xangindan resbalou e caeu patas arriba
a rapaza que tal veu
dixolle que no queria

Datos personales

Mi foto
O BARQUEIRO, A CORUÑA, Spain
POR QUE UN PUEBLO SE DEBE A SU HISTORIA Y A SUS GENTES