ESTA CANTIGA FIXOA CAER NAS MIÑAS MANS SUSANA DIAZ DE MOGOR
Cantiga de espadelada:
Eran tres comadres, dun barrio todas as tres
fixeron a merendada para ir a S. Andrés.
Unha puxo 30 ovos, para cada unha dez;
outra fixo unha empanada, contres codas ó través
outra dixo vou ó viño, comadre canto ei traer?
traerás canade e media, para volver outra vez.
Estando nestas palabras chega o marido de Inés:
pan a unha, pan a outra, ía o demo nas tres
No hay comentarios:
Publicar un comentario