CHEGOU AS MIÑAS MANS UNHA FERMOSA CANTIGA POPULAR QUE OIA POLO BARQUEIRO ANOS ATRAS E QUE FIXO POPULAR O GRUPO DE ROCK PUNTA NORTE QUE SE CHAMA "OS AMORES DE XAN GUINDAN" A SUA VERSION COMPLETA FIXOA CHEGAR AS MIÑAS MANS ESTHER ARAUJO FILLA DE MARUXA E ELISEO DE TOMAS A CAL LLE QUEDRO DAR AS MIÑAS MAIS SINCERAS GRACIAS POR QUE ME ESTA AXUDANDO UN MONTON A LEVAR ESTE BLOG CARA ADIANTE COAS SUAS COLABORACIONS .
Xangindan queria casarse
non tiña a muller buscada
foille facer o amor a filla da tia xoana
Boas noites tia xoana
onde lle vai a rapaza
vai buscar o gas pra noite
a bufella xa me tarda
O pouco entrou a rapaza polas portas para dentro
Boas noites Xangindan traigote no pensamento e tu diralo de risa
pro eu digocho de veras
que xa che ai un bon cacho
que estou quentando as canelas.
Eu queriame casar
e riqueza non che teño
teño unha cabra moi boa
que trouxo 4 cabritos
mentra e mentres que dous maman
outros dous andan a brincos
e unha galiña que pon
os ovos pa tortillada.O dia do casamento
era de inverno e chovia
e Xangindan resbalou e caeu patas arriba
a rapaza que tal veu
dixolle que no queria
No hay comentarios:
Publicar un comentario