jueves, 8 de septiembre de 2011

CREACION DO POSITO DOS PESCADORES DO BARQUEIRO 1933

O ANTIGO POSITO DE PESCADORES ESTA SITUADO DONDE HOXE E A CASA DE MARIÑAO O LADO DO BAR DE TALIN


Regulamento e Constitución

Non atopamos datos que nos permitan falar da organización dos pescadores na ría do Barqueiro nos anos vinte, como sucedeu noutros portos. Temos documentación a partir do ano 1 933, no
que, coa finalidade de formar un Pósito de Pescadores de Barquero-Bares, é dicir, que agrupase ás xentes do mar desde Ribeiras do Sor ata Estaca de Bares, especialmente á dos dous portos pesqueiros do concello de Mañón, fórmase unha Comisión Organizadora, da que o Presidente é Francisco Paleo Bares
e o Secretario, Carlos Casal Fernández.
O Regulamento, aprobado en reunión celebrada no Barqueiro (sede da asociación) o dia 5 de xaneiro de 1933, á que concorreron 43 pescadores, é presentado no Goberno Civil da Coruña para a súa
legalización o 14 de febreiro.0 lnstitulo Social da Mariña, en Madrid, apróbao con data 2 de marzo de 1933. Consérvase un exemplar deste Regulamento, editado na lmprenta Zinke Hermanos da Coruña.
Segundo o Regulamento, é unha organización interclasista, cooperaliva de pescadores, que persegue a completa redención dos seus membros, estendendo a cultura entre os seus asociados, establecendo distintos seguros sociais e explotando, sen intermediarios, a industria pesqueira. Os socios clasifÍcanse
en de número, cooperadores e adxuntos:

'Art. 50 Podrán ser socios de número: los inscriptos de Marina y mayores de veinte años y menores de sesenta, que se dediquen o hayan dedicado a la pesca y a los armadores de las embarcaciones que paguen su tanto por ciento a la asociación.
Podrán ser socios cooperadores: todos los expresados en el párrafo anterior; las mujeres dedicadas a cualquier  faena de pesca y las madres viúdas de socios de núnero o de quien lo haya sido hasta ausentarse de la localidad. Todos ellos deberán ser mayores de edad Podrán ser socios adjuntos: los varones o hembras que, estando con algún socio de número o cooperador en alguna de las relaciones de parentesco expresadas en el artículo anterior, sean
mayores de doce años y no pasen de veinte".

O dia 26 de febreiro de 1933 constitúese formalmente o Pósito, reunidos os seus socios na casa de Daniel Seoane, no Barqueiro, Decídese que a cota mensual sexa de unha pta. e abren unha subscrición voluntaria coa que recadan 495 pts. A Xunta Directiva elixida é a seguinte:
Presidente: Modesto Fontenla Lamelas
Vicepresidente: Jesús Bares González
Secretario: Crisanto Díaz Villasuso
Vicesecretario: Feliciano Cuevas Garrote
tesoureiro: Francisco Real Castro
Contador: Jesús Casal Rey
Vocais: Dionisio Rodríguez, José María Baltar, Carlos Casal Fernández,
Bernardo lnsua Gómez e Alfredo Real Castro
.  
As distintas Seccións do Pósito

En maio de 1933 concédeselle a exención do imposto de Timbre e Dereitos Reais. Axiña a sociedade comeza a súa andadura e vai creando no seu seo as distintas Seccións que establece o
Regulamento. Asi, con data 17-11-1935, sendo Presidente do Pósito Bernardo lnsua, apróbase o Regulamento da Sección Caja de Pensiones por Vejez e lnvalidez de los Pescadores del Pósito de
Barquero-Bares, formada por catro vocais armadores e catro tripulantes, coa finalidade de conceder créditos para o exercicio da industria da pesca e derivadas e, en caso de necesidade, para a propia subsislencia.
Ese mesmo ano de 1935 créase a Sección de Socorros Mutuos e a continuación, a Sección de
Paro Forzoso (1 1 1936). A Sección de Vendas dos Productos da Pesca (15-1-1936) estipula no seu funcionamento a obrigatoriedade de aportar ó Pósito o 2 % sobre o precio tolal da venda.

TEXTO SACADO DO LIBRO " A PESCA E OS MARIÑEIROS " DE ESPERANZA PIÑEIRO E ANDRES GOMEZ.
DOCUMENTO ORIXINAL DA CREACION DO POSITO

1 comentario:

  1. A alma mater do Pósito de Barqueiro-Bares foi o torreiro do faro da Coelleira Manuel Ballester

    ResponderEliminar

Datos personales

Mi foto
O BARQUEIRO, A CORUÑA, Spain
POR QUE UN PUEBLO SE DEBE A SU HISTORIA Y A SUS GENTES