jueves, 8 de septiembre de 2011

O SINDICATO DA INDUSTRIA PESQUEIRA E OFICIOS VARIOS DO BARQUEIRO, E HISTORIA DOS CABILDOS ATA 1961

Sindicato da industria pesqueira e oficios varios do barqueiro

Durante a ll República desenvólvese o movemento obreiro e esténdense as ideas anarquistas e socialistas entre os traballadores dos distintos ramos, formándose diversas asociacións de carácter sindical.
Paralelamente á existencia dos pósitos de pescadores, nos portos van creándose sindicatos de clase que agrupan ós traballadores. Era lóxico que a primeira organización deste tipo en Ortegal nace en Cariñ0, por ser 0 porto cunha maior actividade pesqueira: sucedera en 1934, como xa vimos no capítulo correspondente.
No Barqueiro, os trámites para crear este sindicato de clase, inspirado nas ideas anarquistas,teñen lugar en 1936.Como aquí a maioria dos traballadores teñen una economía mixta,o sindicato non é exclusivo das xentes do mar, senón que servirá para afillar a todos eles, calquera que sexa a súa ocupación.
Denomínase Sindicato de la industria Pesquera y Oficios Varios del Barquero
A Comisión Organizadora está formada por José Rivera Rieiros, José Lafuente e Benigno López, que, en nome dos demais compañeiros, asinan o Regulamento
o presentan no Goberno Civil, con data 16 de xuño de 1936, para a súa legalización. Os obxectivos, segundo o seu Regulamento, eran:

"1e.- Agrupar en su seno a todos los trabajadores, de cualquier oficio de este término o pueblo.

2a.- Mejorar por los medios de esta asociación las condictones intelectuales, morales y económicas y las de trabajo de sus asociados.

3e.- Procurar entre sus asociados la mayor armonía, separando de su seno a todo elemento que en el trabajo o en el Sindicato produzca discordias y no sea corregible.
4e.- Atenderá y resolverá, dentro de lo posible, las quejas que los patronos presenten en cuestiones de trabajo y de dignidad entre ellos y los obreros".


0 domicilio social do sindicato é na rúa da Fonte, do Barqueiro, e a cota mensual para asociados maiores de dezaoito anos queda fixada nunha peseta, mentres que para as mulleres e aprendices é de cincuenta céntimos.
Organizase o Sindicato por medio das Xuntas Xerais ordinarias, a celebrar o primeiro e terceiro domingo de cada mes, e as extraordinarias, cando haxa asuntos que o esixan. A dirección corresponde á Xunta Administrativa, "compuesta por un Presidente y su Vice; un Secretario y su Vice; un Tesorero- Contador y tres vocales. Todos estos cargos serán gratuitos y desempeñados por los socios que designe la Junta General".

0 Gobernador Civil da Coruña asina a súa inscrición para legalizalo con data 22 de xuño de 1936. A constitución legal do Sindicato xa non poderá levarse a cabo, pois o inicio da guerra, ó mes seguinte, impídeo.

O Pósito a partir de 1936
Coa guerra civil, moitas das asociacións desaparecen ó tempo que son suprimidas as liberdades democráticas.
0 Pósito segue a funcionar, pero controlado polas novas autoridades:
 o 31 de agosto de 1936, celébrase unha reunión baixo a presidencia do novo Alcalde-Delegado de Orde Pública, no que se designa como Secretario a Crisanto DÍaz Villasuso, e como Secretario suplente a Francisco Martinez Fernández.

0 Goberno Civil tamén inspecciona as asociacións e, por Circular inserta no Boletín Oficial de la Provincia do 13 de febreiro de 1941, pide información exhaustiva dos seus membros e directivos.
 Con data 1 de marzo de 1941, a Directiva está formada por:
Presidente: Francisco Real Castro
Vicepresidente: Feliciano Cuevas Garrote
Tesoureiro: Jesús Casal Rey
Contador: Francisco Paleo Bares
Secrelario: Crisanto Díaz Villasuso
Vocais: José Pastoriza Galego e Eulogio Fernández Galdo.

Os asociados nese momento son 38 :
Alfredo Cao Riguera
Alfredo Dovale Docanto
Armando Soto
Antonio Coello López
Antonio Fernández Pasarín
Crisanto Díaz Villasuso
Daniel Seoane Pereiras
Eulogio Fernández Galdo
Francisco Lamelas Talin
Francisco Díaz Docanto
Francisco Peón Blanco
Feliciano Cuevas Garrole
Francisco Paleo Bares
Francisco Calvo lnsua
Francisco Real Castro
Dionisio Rodríguez Galdo
Gustavo Pego Lamelas
Gervasio Martínez
José Fontela Lamelas
Jesús Casal Rey
José Seoane Pereiras
José Pedreira Díaz
José Rivas García
José Armada Galdo
José Bares Sabio
Jesús Bares González
Bernardo lnsua
José Real Castro
José Maciñeira Lage
Ladislao Talín Rouco
Manuel Coello López
Modesto Galdo
Modesto Fontela Lamelas
Manuel DÍaz
lVanuel Talin Rouco
Manuel Castaño Galdo
Modesto Fernández Pasarín
Regino Armada Luaces.

A Confraría de Pescadores do Barqueiro-Bares, de 1944

Como nos demais portos de España, en 1944 os pósitos desaparecen para, no seu lugar  constituirse as Confrarias de Pescadores. Seguen o modelo de funcionamento remitido pola Delegación Provincial Sindical da Falange Española y de las JO.N.S, e seguindo as súas instruccións, redaclan as novas Ordenanzas. Cabildo, Patrón Maior, e as diferentes Seccións funcionan igual que vimos nos anteriores

En 1961 O Barqueiro e Bares dependen da Axudantía Militar de mariña de Viveiro, e do Partido Xudicial de Ortigueira. Teñen unha poboación de feito de 1.766 habitantes, e de dereito de 1,897 O censo
de pescadores ascende a 126 mariñeiros e 6 redeiras. Conta cunha Escola de Orientación Marítimo Pesqueira.

A Confraría de Pescadores
Está ubicada no porto de 0 Barqueiro, A súa Xunta Rectora é a seguinte:
Patrón Maior: Francisco Juncal Pérez
Xefe da Sección Económica: Pascual Bermúdez Rivera
Xefe da Sección Social: Manuel Maseda Gómez
Secretario: Crisanto Díaz Villasuso

Flota Pesqueira De remo e vela: 4 embarcacións, con 6 Tm.
De motor: 21 embarcacións, con 127 Tm.
Artes de pesca máis usadas: Cordel e nasas
Especies máis comúns de pesca: Lagosta, centolo, ameixas, coquinas, berberechos...
Lonxa: no porto do Barqueiro, propiedade da Confraría
Axencia local
Axente local de Seguros Sociais e da Mutualidade de Baixura: Crisanto Díaz Villasuso
Mutualidade de Accidentes (Xunta Local)

Presidente: Francisco Real

Secretario: Crisanto Díaz Villasuso

Vocais: Saturnino Bares, Francisco Lamelas e Alfredo Vale

Depositario: Manuel Casal Rey

Médico: Rafael Campillo

Exportadores

Vicente Muiños Trasancos, José Baltar Calvo, José Castaño Dovale e Amable Lamigueiro
Armadores principais
Antonio Beaz, Jesús Bares, José Bartar, Pascual Bermúdez, Feliciano Cuevas, Francisco Juncal e Luis
Armada

Equipamentos mariños: Antonio Beaz Pereiras

TEXTO SACADO INTEGRO DEL LIBRO "A PESCA E OS MARIÑEIROS" DE ESPERANZA PIÑEIRO E ANDRES GOMEZ

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Datos personales

Mi foto
O BARQUEIRO, A CORUÑA, Spain
POR QUE UN PUEBLO SE DEBE A SU HISTORIA Y A SUS GENTES