A actividade marítimo-pesqueira de Bares e O Barqueiro no século XVlll foi profusamente estudiada por Meijide Pardo, de quen tomamos os seguintes datos:
Meijide Pardo especifica a sardiña como especie máis capturada, seguida da pescada, o congro e o badexo; e indica a maior importancia do porto do Barqueiro respecto ó de Bares, xa que o duplicaba en cantidade pescada.Tamén refire a presencia de fomentadores cataláns no Barqueiro, inicialmente como importadores de viños e augardentes do seu país e, con posterioridade, dedicados á industria pesqueira e de salga.
Son os casos de Pablo Galcerán e de Catá.
A mediados do século XlX, Madoz refire que no porto do Barqueiro había "Comercio de pesca que proporciona la costa y reducido puerto;3 fáb. de salazón de sardina,6 tejedores de lienzos y estopillas, 4 molinos harineros, una tienda de abacería y 2 tabernas...", mentres que en Bares sitúa
"2 fáb. desalazón de sardinas,4 molinos harineros,6 telares de lienzos y estopilla y una tienda de abacería y géneros
ultramarinos".
Uns anos despois, o Nonenclator de España de 1864 contabiliza 5.030 habitantes no Concello
de Mañón. No porto de Bares sitúa un total de 88 edificios, dos que 16 son de un andar,71 teñen dous andares, e 1 dispón de tres andares.
SACADO DO LIBRO DE ESPERANZA PIÑEIRO E ANDRES GOMEZ " APESCA E OS MARIÑEIROS "
SACADO DO LIBRO DE ESPERANZA PIÑEIRO E ANDRES GOMEZ " APESCA E OS MARIÑEIROS "
No hay comentarios:
Publicar un comentario