PORQUE SON DO BARQUEIRO
Non te cases cun ferreiro que é moi malo de lavar, BIS
cásate cun mariñeiro que vén lavado do mar,
que vén lavado do mar, ailelelo, ailalalo.
cásate cun mariñeiro que vén lavado do mar,
que vén lavado do mar, ailelelo, ailalalo.
Porque son do Barqueiro son Barqueiran
e o fungueiro do carro lévoo na man,
levo na man morena, levo na man,
porque son do barqueiro son barqueiran
e o fungueiro do carro lévoo na man,
levo na man morena, levo na man,
porque son do barqueiro son barqueiran
Co aro dunha peneira miña nai deume unha tunda,
co aro dunha peneira miña nai teña vergonza,
que vén a xente da feira, que vén a xente da feira
ailalelo, ailalalo.
co aro dunha peneira miña nai teña vergonza,
que vén a xente da feira, que vén a xente da feira
ailalelo, ailalalo.
Porque son do barqueiro son barqueiran...
CANTIGA POPULAR MODIFICADA DE POR QUE SON DA MARIÑA
No hay comentarios:
Publicar un comentario