jueves, 5 de enero de 2012

CANTOS DE REIS E AGUINALDO

                
PRIMEIRA CABALGATA DE REIS CON MANOLO CORA , AGUSTIN DE REGINA E JUAN DO MARCELO



CANTAREIRAS DE O SON DO SOR CANTANDO OS REISES
  
------------------------------------------------------------

Cantámosche os Reices
perniñas de cabra,
cantámosche os Reices
non nos deches nada.

Déanos, señora,
aunque sea pouco
un touciño enteiro
e o anaco doutro.

Moito anos viva
la dueña de casa
que en dar aghinaldo
nunca foi escasa.

Muchos años viva
el dueño también
todo el mundo dice
que es hombre de bien.

Ay devina estrella
ay devina luz-e
vamos a la casa
del Niño Jesús-e.

El Niño Jesús-e
más claro que on sol-e
lo parió su madre
sin tener dolor-e

----------------------------------------------------------------------
Aquí vienen los tres Reises,
dispuestos para cantar-e
por ser el Rey de los Reises
lo venimos a adorar-e.

Aquí hai mociñas
que gastan chaqueta
que nos han de dar
a media peseta.

Aquí hai mociñas
que gastan salero,
que nos han traer
o viño no xerro.

Déannos, señores,
déannos a nós,
polo nacemento
do Neno de Dios.

Déanos señore
anque sea pouco,
touciño e medio
e a metá de outro.

-------------------------------------------------------------------------

Os tres camelos dos reis
ó chegaren a Galicia,
como non viron deserto,
morrían os tres de risa.
E, ó veren tanta auga
nos regatos e nas rías,
_¡Que catarro imos coller
como veña unha chovisca!
Melchor taca unha gaita,
Baltasar un tamboril,
o Gaspar, que non é músico,
alumea cun candil.

------------------------------------------------------------------------------------
Cantámoslle os reixes guedellos de cabra
cantámoslle os reixes e non nos deu nada.
Cantámoslle os reixes do qui-qui-ri-quí
se non nos da nada , mexámoslle eiquí.

  





 Día de Reis, día de Reis,
primeira festa do ano,
entre damas e doncelas,
imos pedi-lo aguinaldo.

Si nos queren da-lo aguinaldo,
non nos fagan agardar,
somos de lonxanas terras,
e temos moito que andar.

E ese señor Emilio,
posto nunha vidrilleira,
parece unha rosa fina,
cando sae da roseira.

E ese señor Xosé Luis,
moito lle pinta a chaqueta,
meta a mao no seu bolsillo,
e tíreme unha peseta.

¿De quen son eses botines,
que están debaixo da cama?
Son da señorita Olga,
que ten cara de madama.

A ese señor Tomás,
moito lle pinta o sombreiro,
meta a mao no seu bolsillo,
denos un pouco de diñeiro.

Aquí vén a vella,
co aguinaldo,
parecelle moito,
e vaille quitando.

Cántolle os Reis
guedellos de cabra,
cántolle os Reis,
e non nos dá nada.

Estas portas son de ferro,
aquí vive un caballero.
Estas portas son de estopa,
aquí vive un lapasopas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Datos personales

Mi foto
O BARQUEIRO, A CORUÑA, Spain
POR QUE UN PUEBLO SE DEBE A SU HISTORIA Y A SUS GENTES