Na estrada que baixa hacia o Porto do Barqueiro, xusto o dar a derradeira curva , nunha calexa apartada esta a "fonte do cachon" ou como a xente da miña xeración coñece como a fonte de Mario , esta fonte data do ano 1870 e como podedes apreciar nas fotografias e unha magnifica obra tanto en deseño como en enxeñería para aquela época,por que daquela non había traida de augas nas casas como agora e a xente serviase desta fonte. A fonte consta de tres piletas pequenas no seu fronte e outra mais grande a sua dereita asi como na actualidade presenta duas billas, a calidade das suas augas na actualidade non e potable .
as tres piletas |
ano 1870 |
detalles ornamentais da fonte do cachón |
dende este humilde blog deixo o meu profundo pesar para que algunha autoridade competente non deixe caer a "fonte do cachón" no olvido e ver como se deteriora co paso do tempo. ¡ RESTAURACIÓN XA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario