ANTES DE RESTAURAR |
ANTES DA SUA RESTAURACION |
Historia:
Foi construído polo carpinteiro D. José Domínguez Fernández, autor tamén do Muíño de Toniquín. Na actualidade o seu propietario é D. Secundino Rivera Casal.
Descrición Xeral do Entorno:
Ubicado nun lugar elevado sobre o núcleo de poboación de O Barqueiro, denominado hoxe Muíño do Vento e dende o que se domina a ría de O Barqueiro.
Construcción:
Fins do século XIX ou principios do XX por D. José Domínguez Fernández.
Descrición:
A torre é cilíndrica e a súa fábrica de rachas de lousa con perpiaños de granito nos vans, tomado todo e recebado con cal, aínda que actualmente só conserva parte do enlucido. Ten catro fiestras, unha sobre a porta, outra pequena na planta baixa e dúas grandes na planta alta. O interior está dividido en dúas plantas cunha escaleira de madeira para o acceso á alta, situada á dereita da porta. A planta baixa ten o piso de pedra, mentres que na superior é de madeira e está a dous niveis, ou sexa cunha sorte de plataforma a medio metro na que se instalan as moas. A cuberta é cónica e ten unha base circular de madeira cun armazón de vigas. O sistema xiratorio da cuberta consiste en 18 rodas de ferro dispostas na base de madeira que esta ten, acciónase dende o interior por medio do rabo, unha longa madeira que sae da base da cuberta desde o lado oposto e chega ata o chan.
Na actualidade esta como o estudio do recoñecido internacionalmente Secundino Rivera
A informacion sacoa da paxina http://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/040
MAQUINARIA DO MUIÑO |
Actividades laborais:
Elaboración de fariñas de millo e trigo
Materias Primas:
Millo e trigo
Produtos Elaborados:
Fariñas de trigo e de millo
MAQUINARIA DO MUIÑO |
No hay comentarios:
Publicar un comentario