ESTAMOS A CELEBRAR NESTAS DATAS A NOITE DE SAN XOAN , NO BARQUEIRO HABIA MOITA TRADICION DE FACER AS LUMEIRADAS , HABIA UNHA NO PORTO , NO CAMPO DO MESON , DIANTE A FORXA, E VARIAS POR MOGOR E O MESON, TODO ESTO SE FOI PERDENDO COS ANOS, ACORDO EU DE NENO QUE BOTABAMOS A CARRETAR COLAS SECAS POR QUE ERA O TEMPO UNHA SEMANA ENTEIRA PARA PODER DISFRUTAR DA NOITE, UNHA NOITE NA QUE A MOITOS DE NOS NOS PERMITIAN SAIR HASTA TARDE E ESTAR DE TROULA COS AMIGOS , CONTAME MEU PAI QUE ELES DE CATIVOS A FACIAN NO MUELLE UNHA GRAN LUMARADA QUE FACIA A COMPENTENCIA COAS DO VICEDO QUE SE VIA ENFRENTE ENTON QUE ALGUN MARIÑEIRO LLES REGALABA GASOIL DAS LANCHAS PARA BOTARLLA E QUE SE VISEN AS CHAMARADAS DEN DE O POBO VECIÑO. COMENTABAME HOXE RAFAEL MARIA E MAIS O PINCHE QUE SE FACIAN TAMEN DIANTE DA FORXA OS POR AQUELA CATIVOS DE CAMPILLO E O MAESTRO E EN MOGOR DECIAME O PINCHE QUE BOTABA TRES DIAS ARDENDO ALOMENOS DO GRANDES QUE ERAN AS LUMEIRAS .A FRASE TIPICA DAS LUMARADAS ERA "SALTA LUME DE SAN XOAN QUE NON TE ROA NIN CADELA NIN CAN "
RITUAIS DA NOITE DE SAN XOAN
FACIANSE ESA NOITE UNS RITUAIS QUE ERAN POÑER LOUREIRO E FLORES NAS PORTAS DAS CASAS PARA ESPANTAR AS MEIGAS E OS MALES DE OLLO.
POÑER A SEREAR FLORES DA TEMPORADA NUNHA TINA DE AUGA PARA A MAÑAN SEGUINTE LAVARTE A CARA CON ELAS , ESO ASEGURABA A XUVENTUDE .
AS MOZAS SOLTEIRAS POÑIAN UN VASO CON AUGA E UNHA CLARA DE OVO BAIXO A SUA CAMA E REZABAN UNHA ORACION A SAN XOAN O CAL QUE LLE FARIA UNHA FIGURA NO VASO COA CLARA DO OVO DO QUE SERIA O SEU FUTIRO MARIDO
A XENTE ESCRIBIA NUN PAPELIÑO OS MALES QUE LLE PASARAN DURANTE O ANO PARA QUE NON SE VOLVERAN A REPETIR E ENGADIA OS DESEXOS PARA O ANO SEGUINTE E BOTABANSE A ARDER NO LUME .
E UNHA PENA QUE TODO ESTO SE ESTE PERDENDO DESTA MANEIRA A XUVENTUDE DEBERIA POÑER ALGO DA SUA PARTE E RECUPERAR ESTAS HISTORIAS COAS QUE TAN BEN O TEMOS PASADO
No hay comentarios:
Publicar un comentario