|
o tercio san miguel |
O costeiro "Tercio San Miguel" , acostumaba a facer a ruta Bilbao-A Coruña-Xixon. era un costeiro dunha compañia bilbaina , no cal andaba a navegar xente do Barqueiro,eu de oidas so sei que navegaba Xoquín do Maduro,Na sua derradeira ruta embarcara rolos de arame de ferro en Bilbao para entregar no porto da Coruña.debido o forte temporal non pudo remontar a Estaca de Bares e tivo que buscar refuxo na ría do Barqueiro moi cerquiña da punta do santo , alá pola media noite do 11 de xaneiro do 1978 as suas áncoras foron a garra levando o barco o seu final , embarrancou na praia das Barrosas moi cerquiña da plaia do castro de Vilela .A mañan do dia 12 fixeron soar as sireas do barco e comezaron a botar bengalas xa que era imposible alcanzar a costa a nado nin arriar ningun bote debido o mal tempo, Enton foi cando se enteraron os mariñeiros do Barqueiro que foron no seu auxilio. Eu non o recordo xa que daquela so tiña un ano pero sempre me di o meu pai que me levou a velo e que eu choraba por que morria co medo , e meu pai diciame acordate desto Juanciño, pero con un aniño a memoria flaqueaba e non recordo nada de aquel suceso pero de todas formas sei que ali estiven eu.
|
LOCALIZACIÓN DA PARAIA DAS BARROSAS |
|
o tercio san miguel embarrancado na praia das Barrosas ( foto de pedro diaz) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario